Bienvenidos a la Asociación Juvenil-Cultural Ippon


La Asociación Juvenil-Cultural Ippon está formada por un grupo de gente sin animo de lucro, que intenta ofrecer diversas actividades en su comunidad autonoma de Galicia relacionadas con el manga,anime y Japón, para pasarselo bien y relacionarse con el mayor número posible de gente. Os invitamos a uniros a nosotros. Os esperamos.

miércoles, 14 de julio de 2010

Viñetas desde o Atlántico rende homenaxe a Will Eisner

O debuxante americano, Will Eisner, falecido no ano 2005, será un dos protagonistas da XIII edición do Salón Internacional do Cómic da Coruña Viñetas desde o Atlántico, que se desenvolverá entre os días 9 e 15 de agosto. O festival renderá homenaxe a este mestre da banda deseñada, pai da novela gráfica, cunha exposición retrospectiva.
Grazas ao labor do comisario da mostra, Denis Kitchen, os afeccionados que visiten o Salón poderán contemplar, por primeira vez en España, páxinas orixinais de The Spirit, Contrato con Dios ou El corazón de la tormenta.Will Eisner (Nova York, 1917) é un dos grandes mestres da historia do cómic. É o creador de The Spirit, un personaxe con mayúsculas do tebeo estadounidense. No seu haber figura sacar o cómic do ámbito infantil e xuvenil e atraer a el ao público adulto, popularizando o que hoxe coñecemos como novela gráfica. A súa influencia é reconocible en artistas de todo o mundo. Eisner é, sen dúbida, o autor clásico do tebeo.
A exposición que protagonizará Viñetas 2010 é o mellor e máis completo compendio que pode contemplarse no mundo sobre Eisner e a súa obra. Unha oportunidade única para achegarse ao mestre americano. O seu comisario Denis Kitchen é debuxante, guionista, editor e empresario.
A decimoterceira cita co Cómic na cidade da Coruña tamén dedicará unha exposición a un xénero específico: as tiras de prensa e a un elemento iconográfico singular: o esqueleto, que revisa o tratamento que a historieta fai desta parte da anatomía. A primeira das mostras resume, a través de cen pranchas orixinais, a historia das tiras de prensa. Series como Príncipe Valiente, Little Nemo, Bringing up father, Dick Tracy, Phantom, Mandrake, Popeye, Krazy Kat, Flash Gordon, Tarzan, Peanuts, Pogo e moitas máis, poderán contemplarse na exposición, unha das máis completas do mundo sobre este xénero.
A oferta do festival inclúe tamén unha exposición sobre cidades mergulladas, que reúne historietas europeas e norteamericanas que se desenvolven ou inclúen mundos nas profundidades mariñas.Viñetas 2010 exporá obras orixinais de case unha decena de debuxantes de Europa e América, que tamén viaxarán á cidade para estar cos afeccionados. Este é precisamente o selo de identidade do festival coruñés: debuxos orixinais e autores.
A lista de debuxantes invitados inclúe, entre outros, ao galego Víctor Rivas, creador do personaxe para os máis pequenos, Harry Pórrez. O autor vigués traballa na actualidade en ilustración infantil e xuvenil para o mercado americano.
Tamén viaxarán ata A Coruña a nova debuxante, Camille Jourdy, ganadora do premio "Autor Revelación " do festival de Angoulême, pola sua triloxía Rosalie Blum e o artista británico Dave McKean, autor de Arkham Asylum e Cages, obras de referencia dentro do mundo do cómic.
Volve de novo a Viñetas cunha mostra de orixinais dos seus últimos traballos Carlos Pacheco, un dos debuxantes españois máis internacionais. Traballa fundamentalmente para o mercado estadounidense, dando forma a personaxes clásicos da viñeta como Superman, Batman e X-Men.Viñetas desde o Atlántico contará tamén coa presenza de Émile Bravo, quen compartirá protagonismo co seu personaxe, o botóns Spirou e o seu fiel Fantasio.
A oferta de Viñetas 2010 inclúe ademais a mostra "Raule e Roger ", na que o guionista catalán Raule, un dos máis prolíficos de España, e o debuxante tamén catalán Roger Ibáñez, ensinan o resultado da súa colaboración, sobre todo para a serie Jazz Maynard. Tamén exporá no Salón, Daniel Montero, Premio Castelo BD de 2009, promovido pola Deputación coruñesa.
O Salón do Cómic da Coruña estrea, nesta decimotercera edición, páxina web. No sitio "www.vinetasdesdeoatlantico.com" o público interesado poderá consultar toda a información sobre o festival: contidos das exposicións, autores invitados, horarios de apertura das salas, contidos e horarios de conferencias, de presentacións ou das firmas de autores.A pantalla principal da páxina adórnaa o cartel anunciador desta edición e que leva a firma inconfundible do debuxante André Juillard. A páxina contén información das trece edicións de Viñetas.
Como en anos anteriores, todo un exército de personaxes de cómic, recreados en cartón pedra, despregarase pola cidade. Ao elenco xa habitual, no que non faltan Superman, Spiderman, Tintín, Capitán Trueno, Mortadelo e Asterix, unirase este ano Joker, o inimigo irredento de Batman.
Tamén durante a primeira semana de celebración do festival desenvolverase nos Xardíns de Méndez Núñez a feira de libreiros e editores (no Paseo de Coches). Nese mesmo espazo situarase a Carpa do Cómic, onde se desenvolverán numerosas actividades relacionadas co sector.


Noticia de : Viñetas desde o Atlántico.

jueves, 8 de julio de 2010

Viñetas dende o Atlántico 2010

El Salón del Cómic de la Coruña "Viñetas dende o Atlántico", se celebrará este año del 9 al 15 de agosto, siendo así su edición número 13.

A FNAC organiza un taller de cómic na Escola Superior de Deseño

Fnac de A Coruña ten previsto organizar un taller de cómic en colaboración coa Escola Superior de Deseño Marcelo Macías.

O taller estará impartido por especialistas da Escola e terá lugar tódolos xoves do mes de xullo do 8 ao 29 ás 19:30 h. Nestas sesións os participantes poderán aprender os elementos claves na elaboración dun cómic como a ilustración, o storyboard, o deseño de páxina, etc

Segun declara a Fnac o taller é de balde e non require inscripción previa ainda que supoñemos que as prazas serán limitadas. Dende Fancómic non sabemos nada máis sobre ónde o a quén dirixirse.

Noticia escrita por : Fancómic.

Desaparece o Salón de Cómic de Cangas

Si, despois de trece edicións seguidas, o Concello de Cangas decidiu suspender a organización do Salón de Cómic de Cangas debido a falta de presuposto.Na orixe da nova está a delicada situación económica do consistorio que entendemos debe ser paupérrima pois o Salón tiña un presuposto de só uns 8.000 euros xa que tódolos artistas invitados acudían gratis a cita. Xunto ao Salón tamén desaparece a convocatoria do certame para xoves autores.

A pesares de ser un evento modesto o Salón de Cómic de Cangas acadou bastante sona sobre todo grazas ás visitas de xente como Horacio Altuna, Albert Monteys, Miguelanxo Prado, Pasqual Ferry, Gene Ha, Manuel Fontdevila , Kiko Dasilva, Xaquín Marín o Luis Davila.

Semella que esta é a primeira vítima coñecida da crise económica das nosas administracións, o primeiro "aviso a navegantes" aínda que agardamos que os nosos políticos non tiren por terra toda a expansión social e o prestixio alcanzado pola banda deseñada nesta última década.

Noticia escrita por : Fancómic